Este centro xurdiu dun xeito informal no ano 2002 no seo da Asociación Española de Socorros Mutuos de Coronel Dorrego por un grupo de galegos interesados en incentivar a común orixe que os unía espiritual e afectivamente, e revivir coas súas familias recordos, costumes, añoranzas e idioma.

Xa no ano 2003, concretamente o 3 de outubro, asinan a Acta constitutiva da Asociación e na mesma Asamblea apróbanse os seus estatutos fundacionais. O 20 de novembro dese mesmo ano foi declarada por decreto municipal Entidad de Bien Público.

A entidade funciona nas instalacións da Asociación Española de Socorros Mutuos, dispoñendo dun salón para reunións e celebracións diversas. Poden facer uso tamén da súa biblioteca, á que xa incorporaron libros e outro material enviado pola Xunta de Galicia.

A cidade onde está ubicado o centro atópase no sudoeste da Provincia de Bos Aires, a 40 Km. do Océano Atlántico e 80 da chamada “Sierra de la Ventana”, lugares turísticos por excelencia. É unha rexión agrícola-gandeira e cun cordón dunoso lindeiro ao mar de interesante beleza natural de máis de 60 km. de lonxitude.